Por unha Nova Arquitectura

Desde que estou implicado na rehabilitación da casa de labranza dos meus antergos e no proxecto de reurbanizar e construir vivenda na eira familiar comecei a interesar-me por outro tipo de arquitectura.

Da mao  de Estebán Canabal, un Arquitecto Alemán afincado en Galiza e de descubrir a filosofia de xente coma Norman Foster e  a construcción da axenda verde, creo que realizar construccións ecolóxicas e adaptadas ao médio ambiente é unha das mellores formas de contribuir ao futuro do noso país e das xeracións vindeiras.

Nada que ver con Eiseman…e a sua cidade faraónica

Visita á Cidade da (in)cultura no Monte Gaiás.

Toxos medrando na cidade da cultura. Agosto 2011

Neste mes de agosto tiven a oportunidade de visitar os edificios xa rematados do Mausoleo de Manuel Fraga, malchamado “Cidade da Cultura” e onde xa se defuntaron máis de 500 millóns de euros ( case cinco veces o que custou o Museu Gudeguggenheim de Bilbao) cos que se poderian construir 4 hospitais similares ao Hospital Clinico Universitário de Santiago.

Incluso foi unha ocasión para convidar a familiares provintes dun lugar da Andalucia profunda, onde o desemprego agora fai estragos quizá ainda maiores que nesta a nosa terra, e despois da visita obriga a Catedral e centro histórico compostolán acheguei-nos a “Cidade da Cultura”. Comparando a desfeita galega co despilfarro da Expo de Sevillla (que ascendeu a 450 millóns de euros só a construcción do recinto feiral) paseamos polo Monte Gaiás pasmados polo impresionante dos edificios ao lonxe, a sua integración con Monte e o total desaproveitamento dos mesmos.

Unha triste exposición de Máquinas de escrever e un concerto de Música antiga pretenden encher edificios descomunais, chantados para asombrar e nada mais, sen uso, a Biblioteca destaca por carecer de libros ( os seus fondos son ridículos e están expostos para encher estantes  de xeito aleatório ) ainda que si  conta con butacas de 500 euros, por carecer de usabilidade para discapacitados ( por moito que nalgures seguro que existen ascensores agachados ) todo son pasillos longuísimos con escaleiras, espazos inmensos desaproveitados, valeiros…

Organización vs deseño. Biblioteca da Cidade da Cultura 2011

Organización vs deseño. Biblioteca da Cidade da Cultura 2011

Así que o meu paseo nunha preciosa tardiña de verao só serviu para confirmar as miñas opinións sobre o tema. Incluso os edificios xa construidos poderian ter un uso e usabilidade moito maior. O estado do parking é vergoñento, o despilfarro nos materiais exteriores contrasta cos cutres  PCs  (windows xp ?) do interior e o desaproveitamento xeral . Os sofás coa evidéncia de que as estanterias están sen libros. Ninguén dá a benvida ao chegar. Non hai letreiros por fóra. Todo moi minimal. Menos os orzamentos pagados por todos os galegos.

Algúns Links relacionados coa desfeita do Gaiás: