Ecosistema publicitario e corrupción política

ecosistema_publicitario

Mentres disfruto das vacacións de nadal e lle roubo tempo ás noites para ler libros en papel e escanear visualmente centos de informacións en internet non podo senón en reparar como se incluiría ou como transformaria este esquema do Ecosistema publicitario en España se incluisemos a interferencia da variable da corrupción política que supoñen as subvencións públicas ao medios de comunicacións afins aos partidos políticos no poder.

publicidade_online

Mentres a tendencia xeral do mercado publicitario é un medre exponencial do negocio en internet, as subvencións públicas manteñen a medios de comunicación en papel que só poden resistir mentres reciban esta clase de financiación pública.

Un claro exemplo disto: “Axudas polo galego: La Voz e Faro suman un millón; toda a prensa dixital en galego 3.400€

A Xunta publicou o último día hábil do ano a resolución das súas subvencións aos medios para promocionar a lingua galega. Estas dúas liñas de axudas son faragullas en comparación coas ducias de millóns que reparte cada ano a Secretaría Xeral de Medios a través da publicidade e dos convenios a dedo. Con todo, son moi reveladoras de como o PPdeG e os grandes empresarios da comunicación se apoian mutuamente co diñeiro de todos. ”

Link da publicación completa : Galicia Confidencial

 

 

Jakob Nielsen

11-jakob_nielsen-550x320

Jakob Nielsen

O gurú da usabilidade web tamén di cousas interesantes sobre os iPad e dispositivos iOS7…
Ainda que xa estamos con iOS8 e OS X Yosemite (10.10) e ao ritmo de actualización dos SO de Apple cando rematen os Test de Usabilidade xa teremos iOS9…

Agora os test facémolos os usuarios, morreron as Betas e todo o código é Alpha…search_

Links de interese:

As webs da TVG

Esta Semana a CRTVG inagurou a “bombo e plantillo” o seu novo site corporativo www.crtvg.es que mellora notabelmente o anterior cun deseño minimalista e usabel.

Aspecto do novo Site da CRTVG

Mais segue a manter agalega.info como Portal onde se poden ver todos os videos dos Telexornais e outros programas pero obtando neste caso por colgar directamente TODOS os videos  nun só formato wmv de Windows. Nen sequera se toman a molestia de informar sobre a tecnoloxia usada nen de facilitar a descarga dos Codecs de Video para Mac ou outras plataformas, polo que en moitos dispositivos e ordenadores non podemos ver os Telexornais via web…

Os videos da galega só en formato windows

A Galega opta polo formato Windows sen advertir aos usuários

Tampouco perdemos moito ou ?