Mentres disfruto das vacacións de nadal e lle roubo tempo ás noites para ler libros en papel e escanear visualmente centos de informacións en internet non podo senón en reparar como se incluiría ou como transformaria este esquema do Ecosistema publicitario en España se incluisemos a interferencia da variable da corrupción política que supoñen as subvencións públicas ao medios de comunicacións afins aos partidos políticos no poder.
Mentres a tendencia xeral do mercado publicitario é un medre exponencial do negocio en internet, as subvencións públicas manteñen a medios de comunicación en papel que só poden resistir mentres reciban esta clase de financiación pública.
Un claro exemplo disto: “Axudas polo galego: La Voz e Faro suman un millón; toda a prensa dixital en galego 3.400€
A Xunta publicou o último día hábil do ano a resolución das súas subvencións aos medios para promocionar a lingua galega. Estas dúas liñas de axudas son faragullas en comparación coas ducias de millóns que reparte cada ano a Secretaría Xeral de Medios a través da publicidade e dos convenios a dedo. Con todo, son moi reveladoras de como o PPdeG e os grandes empresarios da comunicación se apoian mutuamente co diñeiro de todos. ”
Desde hai tempo e coincidindo co nacemento de Podemos e AGE en Galiza, desde sectores do “nacionalismo galego” vexo en diferentes medios de comunicación e rrss criticas viscerais a forza política dirixida por Pablo Iglesias, e mesmamente o proceso de confluencia ( ENMAREA) chegando a ler non comentarios en redes sociais alcumando mesmo a Beiras e Ferrín de “españolistas”.
Sputnik, seleccións de prensa soviética.
Marx Engels Obras Escollidas polo PCUS
Sempre en Galiza
Podemos
Sputnik, seleccións de prensa soviética.
Desde que teño uso de razón politica, isto é desde a adolescencia na que lin primeiro o Sempre en Galiza (octavo de EXB) e mais tarde (1º de BUP) un par de tomos dunha selección de textos de Marx e Engels, ademais nas revistas prosoviéticas Sputnik, polo que intelectualmente formeime no marxismo-leninismo teórico mesmamente antes de militar en nengunha organización. Así que …
Eu fun deses que na cidade da Coruña pacovazquiana cambiei o idioma español no que escolarizaron pola praxe monolingue total nun instituto público, AGRA II, á idade de 15 anos e acto seguido milito na Galiza Nova, BNG e posteriormente na UPG. Era o 1989.
Eu tamén fun deses que tiven por etiqueta o ser nacionalista radical beirista leninista apaixoado e dogmático militante da UMG, UPG, Galiza Nova, CAE, Asemblea Anti-mili … Era o ano 1993. E despois dese ano terminei tan queimado do ambiente politico santiagués que somente participei activamente nunha escisión dos CAF (maioritaria en compostela) e mais logo na fundación do Movemento Estudantil Universitario. Era o 1995. E neses anos loitamos contra a instrumentalización dos movementos sociais por parte dos partidos.
Eu tamén fun deses ex-militantes nacionalista de esquerda, queimados, sen partido, que ollaba na distancia as diferentes purgas, excisións, enfrentamentos e nunha palabra AFASTAMENTO das organizacións de esquerda da sua base social. A maior parte dese tempo fun votante e simpatizante do BNG, até a saída de Beiras, polo que por moitos motivos sinto devoción persoal.
E precisamente por iso pola vagaxe que teño detrás, e porque hai anos nos que simplemente crin que non valia a pena militar ou participar activamente nas organizacións da esquerda, e porque coma tantos outros e outras neste país que un día nos chamamos a nos mesmos nacionalistas e comunistas perdemos a confianza e a ilusión nas organizacións políticas e pasamos literalmente destas porque estas nos parecían lugares lúgubres e escuros onde calquer esforzo ben podería ser un total perda de tempo; e tamén e sobre todo porque na actualidade non milito activamente en nengunha organización e cando os meus libros de cabeceira agora son outros e falan de Marketing Online ( en formato iBook) e de cousas tan espartanas ou aburridas como CMS e monetización de negocios en internet … quero expresar as miñas 10 razóns completamente subxectivas e persoais para apoiar a PODEMOS, e o proceso de unidade popular ou confluencia.
Compártoas con todos e todas vós:
1º Razón. Podemos puxo desde o primeiro momento a súa organización ao servizo da xente cun discurso entendible e ilusionante, de mínimos se queredes, e por riba das siglas, por riba das etiquetas ideolóxicas…
2 Razón. Podemos é a primeira forza politica estatal que desde 1978 defende publicamente e activamente o direito a decidir das Nacións do estado, falando constantemente de plurinacionalidade. Outros tiverono no seu “programa” pero coa boca pequena, coma por exemplo IU ou mesmo o PSOE até 1982.
3 Razón. Podemos creba electoralmente ao Bipartidismo estatal desde a falsa transición de 1978.
4 Razón. Podemos realiza unha critica radical ao sistema ofertando alternativas visualizables no medio-curto prazo para os grandes problemas sociais: pobreza, desemprego, sanidade, educación, igualdade…
5 Razón. Podemos ten conciencia clarísima da excepcionalidade da situación económica que atravesan as clases traballadoras e populares máis empobrecidas, e antepón a solución destes problemas a calquer “labirinto ideolóxico”. Precisamente esta conciencia da gravidade da crise económica xustica para min o apoio a unha forza estatal e o considerar que os nacionalistas galegos debemos unirmos ás esquerda rupturista polo cambio de réxime e participar na unidade popular, independentemente das siglas.
6 Razón. Podemos unese ás confluencias desde a Base en Catalunya, Pais Valencià, Euskadi e Galiza.
7 Razón. Podemos crea desde rua unha organización desde a base usando a redes sociais sen dependencia da Banca, promovendo a participación política tanto off como online.
8 Razón. Podemos xera ilusión e atrae xente de toda condición ao ámbito da esquerda politica que o resto das organizacións de clase xamais poderia: partidos super ideoloxizados envoltos en debates teóricos interminables, sindicatos de clase acomodados no sistema de subvencións…
9 Razón. Pablo Iglesias. A valía intelectual deste xoven profesor é totalmente trascendental. Paixón e intelixencia dificil de controlar. #calvivo
10 Razón.
Ínigo Errejón, Pablo Echenique, Carolina Bescansa, Beiras outravolta e os novos irmandiños de Enmarea e tantas outras voces como Martiño Noriega que nestes últimos anos foron quen de devolverme a ilusión e a conciencia de que SI, PODEMOS, cambiar de réxime, parar a política de recortes, loitar contra o proceso de empobrecemento das clases traballadoras, deter a emigración da xuventude, a ruda necesidade urxente do povo galego…
E por suposto, a modo de epílogo, un par videos de Pablo Iglesias…