Obrigado Steve

A semana pasada faleceu Steve Jobs. Unha das persoas que nas últimas décadas estivo na avangarga da tecnoloxia aplicada, gurú, mago, self-made-man, executivo despiadado que chegará a dividir Apple en dous grupos de traballo en competición ou guerra interna da que sairia en 1984 o primeiro MACINTOSH

Steve idolatrado polos consumidores do iPhone, Mac ou iPad e odiado polos seus competidores finou dunha durísima enfermidade.

Steve formava parte do mellor dese controvertido país quen de producir verdadeiras obras de arte tecnolóxicas que son instrumentos para o desenvolvimento cultural e o medre económico e ao mesmo tempo converter-se no meirande enxendro imperialista quen de desencadear guerras coma Vietnam ou Iraque e escravizar ao terceiro mundo con políticas desquiciantes. Unha das suas frases célebres que estes dias encheron coma TT o Twitter pode resumir a sua personalidade “é mellor ser pirata que se alistar na Marina dos Estados Unidos”. 

Steve mellorou sempre todo aquilo que tocava...Next, Pixar ademais de Apple foron as suas contribucións á iniciativa tecnolóxica.

Poucas cousas poderia dicer eu á marea de mensaxes e obituários que encheron a rede nesta semana… só que desde a experiéncia enriquecedora de promover as tecnoloxias Apple desde hai máis de 8 anos, e a perspectiva de quen defenderia o GNU e o Software libre baixo licencia publica xeral desde un ponto de vista ideolóxico, vistas declaracións coma as de Richard Stallman, non podo máis que manifestar a miña tristura polo pasamento dunha persoa tan brillante coma controvertida. Sobretodo cando un ten o convencemento que a maioria das directivas das grandes empresas tecnolóxicas multinacionais son aves de rapiña que non saberan que facer cando xa non haxa cadavres. A non ser devorar-se a si mesmas.

O mundo perdeu un ser humano excepcional. O seu legado non son os iPhones, nen os iPad, senón o seu espírito de traballo e inovación constante contra vento e marea.

Steve Jobs cun Macintosh nos anos oitenta

Steve Jobs nos anos oitenta cun Macintosh.

Advertisement

O Negócio do Hosting e a Nube que non deixa de medrar

Dinahosting. Empresa galega de Hosting

Hosting Barato en EEUU ou de calidade en Galiza ?. Verdades, Mentiras e medias tintas.

É máis previsibel que os novos ordenadores e dispositivos mobeis comos os Tablet (iPad) e Teléfonos intelixentes (iPhone) carezan de grandes unidades de almacenamento e en cambio si dispoñan de servizos web que permitan o aceso remoto a Programas (apps) e Discos Duros Virtuais en rede ( A NUBE ). É do mesmo xeito que os portátiles “adelgazan” medra como a escuma o negócio dos servizos de Hosting e aparellados a este.

As marxes de beneficio para un negócio que non deixa de medrar, mentres as diferenzas entre os prezos das grandes empresas internacionais e as locais son enormes.

Ainda que sempre é recomendabel contratar Hosting nunha empresa de primeiro nivel e avalada por InterNIC, Aqui deixo unha COMPARATIVA ENTRE HOSTINGS de EEUU e España…http://www.alzado.org/articulo.php?id_art=405