10 Razóns dun nacionalista galego para apoiar a Podemos #EnMarea

Breve exposición de motivos.

Desde hai tempo e coincidindo co nacemento de Podemos  e AGE en Galiza, desde sectores do “nacionalismo galego”  vexo en diferentes medios de comunicación e rrss criticas viscerais a forza política dirixida por Pablo Iglesias, e mesmamente o proceso de confluencia ( ENMAREA) chegando a ler non comentarios en redes sociais alcumando mesmo a Beiras e Ferrín de “españolistas”. 

 

Desde que teño uso de razón politica, isto é desde a adolescencia na que lin primeiro o Sempre en Galiza (octavo de EXB) e mais tarde (1º de BUP) un par de tomos dunha selección de textos de Marx e Engels, ademais nas revistas prosoviéticas Sputnik, polo que intelectualmente formeime no marxismo-leninismo teórico mesmamente antes de militar en nengunha organización.  Así que …

  •  Eu fun deses que na cidade da Coruña pacovazquiana cambiei o idioma español no que escolarizaron pola praxe monolingue total nun instituto público, AGRA II, á idade de 15 anos e acto seguido milito na Galiza Nova, BNG e posteriormente na UPG.  Era o 1989.
  • Eu tamén fun deses que tiven por etiqueta o ser nacionalista radical beirista leninista apaixoado e dogmático militante da UMG, UPG, Galiza Nova, CAE, Asemblea Anti-mili … Era o ano 1993. E despois dese ano terminei tan queimado do ambiente politico santiagués que somente participei activamente nunha escisión dos CAF (maioritaria en compostela) e mais logo na fundación do  Movemento Estudantil Universitario. Era o 1995. E neses anos loitamos contra a instrumentalización dos movementos sociais por parte dos partidos.
  • Eu tamén fun deses ex-militantes nacionalista de esquerda, queimados, sen partido, que ollaba na distancia as diferentes purgas, excisións, enfrentamentos e nunha palabra AFASTAMENTO das organizacións de esquerda da sua  base social. A maior parte dese tempo fun votante e simpatizante do BNG, até a saída de Beiras, polo que por moitos motivos sinto devoción persoal.

E precisamente por iso pola vagaxe que teño detrás, e porque hai anos nos que simplemente crin que non valia a pena militar ou participar activamente nas organizacións da esquerda, e porque coma tantos outros e outras neste país que un día nos chamamos a nos mesmos nacionalistas e comunistas perdemos a confianza e a ilusión nas organizacións políticas e pasamos literalmente destas porque estas nos parecían lugares lúgubres e escuros onde calquer esforzo ben podería ser un total perda de tempo; e tamén e sobre todo porque na actualidade non milito activamente en nengunha organización e cando os meus libros de cabeceira agora son outros  e falan de Marketing Online ( en formato iBook)  e de cousas tan espartanas ou aburridas como CMS e monetización de negocios en internet …  quero expresar as miñas 10 razóns completamente subxectivas e persoais para apoiar a PODEMOS, e o proceso de unidade popular ou confluencia. 

Compártoas con todos e todas vós:

  • 1º  Razón.
    Podemos puxo desde o primeiro momento a súa organización ao servizo da xente cun discurso entendible e ilusionante, de mínimos se queredes, e por riba das siglas, por riba das etiquetas ideolóxicas…
  • 2 Razón.
    Podemos é a primeira forza politica estatal que desde 1978 defende publicamente e activamente o direito a decidir das Nacións do estado, falando constantemente de plurinacionalidade. Outros tiverono no seu “programa” pero coa boca pequena, coma por exemplo IU ou mesmo o PSOE até 1982.
  • 3 Razón.
    Podemos creba electoralmente ao Bipartidismo estatal desde a falsa  transición de 1978.
  • 4 Razón.
    Podemos realiza unha critica radical ao sistema ofertando alternativas visualizables no medio-curto prazo para os grandes problemas sociais: pobreza, desemprego, sanidade, educación, igualdade…
  • 5 Razón.
    Podemos ten conciencia clarísima da excepcionalidade da situación económica que atravesan as clases traballadoras e populares máis empobrecidas, e antepón a solución destes problemas a calquer “labirinto ideolóxico”. Precisamente esta conciencia da gravidade da crise económica xustica para min o apoio a unha forza estatal e o considerar que os nacionalistas galegos debemos unirmos ás esquerda rupturista polo cambio de réxime e participar na unidade popular, independentemente das siglas.
  • 6 Razón.
    Podemos unese ás confluencias desde a Base en Catalunya, Pais Valencià, Euskadi e Galiza.
  • 7 Razón.
    Podemos crea desde rua unha organización desde a base usando a redes sociais sen dependencia da Banca, promovendo a participación política tanto off como online.
  • 8 Razón.
    Podemos xera ilusión e atrae xente de toda condición ao ámbito da esquerda politica que o resto das organizacións de clase xamais poderia: partidos super ideoloxizados envoltos en debates teóricos  interminables, sindicatos de clase acomodados no sistema de subvencións…
  • 9 Razón.
    Pablo Iglesias. A valía intelectual deste xoven profesor é totalmente trascendental. Paixón e intelixencia dificil de controlar. #calvivo
  • 10 Razón.
    Ínigo Errejón, 
    Pablo Echenique, Carolina Bescansa,  Beiras outravolta e os novos irmandiños de Enmarea e tantas outras voces como Martiño Noriega que nestes últimos anos foron quen de devolverme a ilusión e a conciencia de que SI, PODEMOS, cambiar de réxime, parar a política de recortes, loitar contra o proceso de empobrecemento das clases traballadoras, deter a emigración da xuventude, a ruda necesidade urxente do povo galego…

E por suposto, a modo de epílogo, un par videos de Pablo Iglesias…

A potencia NAO

Vídeo

Recentemente descubrín en Youtube un par de temas de NAO GZ , grupo de rock galego cunha impresionante forza na mensaxe e unha coidada producción dos videos. Prometen.


Venceremos Nós.


Os Vampiros ( versión da canción de Zeca Afonso )


Os Vampiros. Tema Orixinal de Zeca Afonso.

O dito unha pasada de grupo, sobretodo os seus últimos temas…
A sua páxina web oficial: somosnao.com

O capital é traballo morto que só se reanima, á maneira dun vampiro, ao chupar traballo vivo, e que vive máis tempo canto máis traballo vivo chupa.
– Karl Marx. O Capital

A Creatividade galega non vale nada…

Tiveron que ser os criativos de Páramo Pictures, os que coa sua parodia do video de Enrique Iglesias os que deixaron no máximo ridiculo á Xunta de Galicia governada por Feijoo que lle pagou a unha productora a cantidade de 300.000 Euros pola gravación dun video en Galiza. O video da parodia o do video de Enrique Iglesias conseguiu superar as 200.000 reproduccións de Youtube, iso si con cero euros de gasto público. Afortunadamente a creatividade galega amateur supera con moito a valia dos nosos governantes, acostumados a defuntar os nosos cartos tan alegremente…

Velaquí o video de Enrique Iglesias rodado nun pazo e que conta con vistas da Torre de Hércules, A Ribeira Sacra, Santiago de Compostela e alguns lugares coma un Faro ou a cidade da cultura… máis durante uns segundos. Ademais hai que ter en conta que a Xunta paga 300.000 Euros por un videoclip dunha canción que xa fora lanzada con outro video previamente  difundivo na MTV, VEVO ou YOUTUBE…

#feijoo #300.0000€ #vevo #youtube #galicia

Dias de marabillas

Hai xa moitos anos descobrin a música con maiúsculas grazas a Ramón Trecet e o seu programa DIALOGOS 3 en Radio 3.

Lémbrome daquel despertar musical e do inicio dos programas con fermosísimas cancións africanas con voces descoñecidas  unidas nun berro de liberdade cando ainda Nelson Mandela sobrevivia nunha prisión… ademais dos monográficos de música africana, dos balcáns ou irlandesa, ese tipo que tamén retransmitía os partidos da NBA falaba de Wim Mertens ….

Hoxe Luisa que leva 7 anos casada comigo e os 2 últimos tocando o piano descubriu marabillada esta fermosura, hai dias para aledarse de viver…

Galeguia, o novo nome da Lusofonia.

Filológos, literatos, artistas e xente de ben da CPLP ( Comunidade de Paises de Língua Portuguesa) veñen de facer a proposta de renomear a LUSOFONIA chamándolle GALEGUIA. Para quen non o saiba a similitude do idioma falado en Angola ou Brasil co galego é enorme, só tedes que visionar estes videos para comprobar que o galego é falado con variacións en América, África, Oceania e Europa…

Eu non son perfeito, ( Puto Português )

Meu Tudo. ( Bruna Tatiana )

2010_9_1_3186Links: Comunidade de Países inclue a Bandeira Galega no seu logo