Neste mes de agosto tiven a oportunidade de visitar os edificios xa rematados do Mausoleo de Manuel Fraga, malchamado “Cidade da Cultura” e onde xa se defuntaron máis de 500 millóns de euros ( case cinco veces o que custou o Museu Gudeguggenheim de Bilbao) cos que se poderian construir 4 hospitais similares ao Hospital Clinico Universitário de Santiago.
Incluso foi unha ocasión para convidar a familiares provintes dun lugar da Andalucia profunda, onde o desemprego agora fai estragos quizá ainda maiores que nesta a nosa terra, e despois da visita obriga a Catedral e centro histórico compostolán acheguei-nos a “Cidade da Cultura”. Comparando a desfeita galega co despilfarro da Expo de Sevillla (que ascendeu a 450 millóns de euros só a construcción do recinto feiral) paseamos polo Monte Gaiás pasmados polo impresionante dos edificios ao lonxe, a sua integración con Monte e o total desaproveitamento dos mesmos.
Unha triste exposición de Máquinas de escrever e un concerto de Música antiga pretenden encher edificios descomunais, chantados para asombrar e nada mais, sen uso, a Biblioteca destaca por carecer de libros ( os seus fondos son ridículos e están expostos para encher estantes de xeito aleatório ) ainda que si conta con butacas de 500 euros, por carecer de usabilidade para discapacitados ( por moito que nalgures seguro que existen ascensores agachados ) todo son pasillos longuísimos con escaleiras, espazos inmensos desaproveitados, valeiros…
Así que o meu paseo nunha preciosa tardiña de verao só serviu para confirmar as miñas opinións sobre o tema. Incluso os edificios xa construidos poderian ter un uso e usabilidade moito maior. O estado do parking é vergoñento, o despilfarro nos materiais exteriores contrasta cos cutres PCs (windows xp ?) do interior e o desaproveitamento xeral . Os sofás coa evidéncia de que as estanterias están sen libros. Ninguén dá a benvida ao chegar. Non hai letreiros por fóra. Todo moi minimal. Menos os orzamentos pagados por todos os galegos.
Algúns Links relacionados coa desfeita do Gaiás:
- «The Guardian» critica la Ciudad de la Cultura y censura que se la compare con la Ópera de Sídney. La Voz. 14/1/2011
- La gerencia del Gaiás es incapaz de estimar el coste final de las obras ( La Voz )
- Eisenman echa la culpa del coste de la Cidade da Cultura a la Xunta del PP.”No tuve barra libre, hice lo que dijo el cliente. Pero seré el último en abandonar el barco”. ( El Pais )
- El mantenimiento del Gaiás: 2,5 millones de Euros al año. ( El Pais )
- Feijóo gastará en plena crisis 191.000 euros en sillas ( Público)
- Coste final de 500 millones de Euros ( El Pais )
- Colectivo Cultura Si Mausoleo Non. http://culturasimausoleonon.blog.com/