Unha de tralla e outra de fermosura

Desde sempre adoro a música. Escoito todo tipo de música fuxindo dos éxitos comerciais e dalgun estilo coma por exemplo o Reguetón…
Adoro desde que o coñecin a Wim Mertens, Michael Nyman e todo o que soia escolmar o Ramón Trecet no seu programa de Radio Diálogos 3.

Máis tarde viñeron os autodidactas coñecementos de cultura musical e paixón pola tralla e pola fermosura…. Aquí tedes unha cativa escolma de tralla e fermosuras.

[Tralla] : SUTAGAR, clásico do EuskalMetal ou como queirades chamarlle:

< Fermosura >: 1500 Grupo de Música Antiga: Razon an deseeren

[Tralla] Rammstein. “O meu corazón arde”. Video Oficial

< Fermosura > Ludovico Einaudi. Time Lapse

[Tralla] + <Fermosura > TANXUGUEIRAS. Midas + Cultura Crítca

[ Wim Mertens ] Catro Mans e Struggle for Pleasure :

Advertisement

A Creatividade galega non vale nada…

Tiveron que ser os criativos de Páramo Pictures, os que coa sua parodia do video de Enrique Iglesias os que deixaron no máximo ridiculo á Xunta de Galicia governada por Feijoo que lle pagou a unha productora a cantidade de 300.000 Euros pola gravación dun video en Galiza. O video da parodia o do video de Enrique Iglesias conseguiu superar as 200.000 reproduccións de Youtube, iso si con cero euros de gasto público. Afortunadamente a creatividade galega amateur supera con moito a valia dos nosos governantes, acostumados a defuntar os nosos cartos tan alegremente…

Velaquí o video de Enrique Iglesias rodado nun pazo e que conta con vistas da Torre de Hércules, A Ribeira Sacra, Santiago de Compostela e alguns lugares coma un Faro ou a cidade da cultura… máis durante uns segundos. Ademais hai que ter en conta que a Xunta paga 300.000 Euros por un videoclip dunha canción que xa fora lanzada con outro video previamente  difundivo na MTV, VEVO ou YOUTUBE…

#feijoo #300.0000€ #vevo #youtube #galicia