Sobre lexitímidade democrática

Libia, war,
Portavións de Guerra Estadounidense participando no ataque a Libia.

A GRANDE ESCALA
O Estado Español vendeu e vende armas a paises de todo o mundo que asasinan ou asasinaron aos seus próprios cidadáns. A OTAN, organización militar da que forma parte bombardeou Libia e previsibelmente fará o mesmo en Siria e outros paises supostamente para defender a democracia e a liberdade

GRANDES PALABRAS que ocultan que son os paises do Occidente os que armamos aos paises “terroristas” que logo bombardeamos. Como se explica logo que en todos eses paises existan armas MADE IN USA ( ou Made in Spain) ?

Francia, Reino Unido e España por exemplo, que non se poñen de acordo en dar unha solución á crise económica si o fixeron para rematar co réxime de Gadaffi en Libia, ben por eles, pero o Reino de España non explicou que conversacións privadas tiñan o Rei e o Presidente do Governo co ditador libio meses antes de que bombas españolas matasen a cidadáns Libios, moitos deles nenos e civis desarmados. Da mesma forma en época de recortes en sanidade e educación ninguen se sentiu obrigado a explicar o millonario gasto en armamento explosivo e naval das operacións de bombardeamento de Libia. O presidente de Francia foi máis alá e incluso agardou despois das eleccións, na que contou con financiación procente de Libia para o seu partido, para atacar conxuntamente con Reino Unido a un pais soberano. Semellante forma de actuar foi xulgada en Nuremberg por quen negou sistematicamente a sua participación en crimes de guerra…

Hai moito tempo que non milito en organización politicas, pero se de algunha militáncia me  sinto orgulloso, é da anti-militarista. En todas partes as armas serven para o mesmo, matar, crimes de estado ou terrorismo. En todas partes ten sentido opoñerse a quen defende as armas e a guerra como xeito de resolución de confitos. Sempre ten sentido desenmascarar aos culpabeis e complices de crimes masivos. Sexa agora ou en 1936.

4-150x150blair-gaddafi426-129836060424181300-150x150Os paises máis poderosos do mundo cren que teñen direito ao monopolio da paz e da guerra, e inclusive de ser os garantes da extinción humana, ou o que é o mesmo a posuir armas nucleares. De reclamar a paz a paises pequenos envoltos en guerras tribais ou endémicas mentres eles atacan de forma preventiva con toda clase de armas de destrucción masiva, flotas de portavións, bombardeos indiscriminados e misis de cruceiro…

A PEQUENA ESCALA…
Nesta Galiza na que vivemos entran barcos todos os meses na ria de Ferrol con GAS NATURAL procedente de Libia e Alxeria e outros paises do terceiro mundo.

Neste pequeno lugar do mundo ainda verde ainda hai quen se cre co direito “democrático” a impoñer un ditadura na que 1 persoa diste moito de valer 1 voto:
http://calidonia.eu/2013/05/27/o-golpe-de-estado-de-feijoo-i/ tal e coma explica Carlos Neira, experto en Econometría e tantas outras cousas relacionadas cos precesos eleitorais…

Barco Gaseiro entrando na ria de Ferrol

Barco Gaseiro entrando na ria de Ferrol

Que lexitimidade democrática poden ter que amparan ao maior centro carcelario onde se prática a tortura de seres humanos para posuir armas de destrucción masiva ?

gadafi-y-borbc3b3nQue lexítimade pode ter quen non suma o 50% dos votos dun país para cambiar a norma eleitoral dun xeito que só a eles beneficia?

Como podemos recebir barcos con Gas de Libia e dicer que o bombardeamento e asasinato de inocentes foi na defensa da democracia ?

Algun día se existe ainda a verba xustiza, os responsabeis dos bombardeamentos masivos sobre a estinta Xusgoslavia, sobre Iraque, sobre Afagnistán, sobre Libia… deberán dar contas sobre os seus crimes, e os que xustifican a barbarie na defensa da democracia deberian explicar porque os seus alcaldes xustifican as masacres do franquismo.

EFE/Eliseo Trigo. Cidadáns amosan cartesi de Alexandre Bóveda, asasinado por Frnaquistas.

Links relacionados:

Anúncios