Breve exposición de motivos.
Desde hai tempo e coincidindo co nacemento de Podemos e AGE en Galiza, desde sectores do “nacionalismo galego” vexo en diferentes medios de comunicación e rrss criticas viscerais a forza política dirixida por Pablo Iglesias, e mesmamente o proceso de confluencia ( ENMAREA) chegando a ler non comentarios en redes sociais alcumando mesmo a Beiras e Ferrín de “españolistas”.
Desde que teño uso de razón politica, isto é desde a adolescencia na que lin primeiro o Sempre en Galiza (octavo de EXB) e mais tarde (1º de BUP) un par de tomos dunha selección de textos de Marx e Engels, ademais nas revistas prosoviéticas Sputnik, polo que intelectualmente formeime no marxismo-leninismo teórico mesmamente antes de militar en nengunha organización. Así que …
- Eu fun deses que na cidade da Coruña pacovazquiana cambiei o idioma español no que escolarizaron pola praxe monolingue total nun instituto público, AGRA II, á idade de 15 anos e acto seguido milito na Galiza Nova, BNG e posteriormente na UPG. Era o 1989.
- Eu tamén fun deses que tiven por etiqueta o ser nacionalista radical beirista leninista apaixoado e dogmático militante da UMG, UPG, Galiza Nova, CAE, Asemblea Anti-mili … Era o ano 1993. E despois dese ano terminei tan queimado do ambiente politico santiagués que somente participei activamente nunha escisión dos CAF (maioritaria en compostela) e mais logo na fundación do Movemento Estudantil Universitario. Era o 1995. E neses anos loitamos contra a instrumentalización dos movementos sociais por parte dos partidos.
- Eu tamén fun deses ex-militantes nacionalista de esquerda, queimados, sen partido, que ollaba na distancia as diferentes purgas, excisións, enfrentamentos e nunha palabra AFASTAMENTO das organizacións de esquerda da sua base social. A maior parte dese tempo fun votante e simpatizante do BNG, até a saída de Beiras, polo que por moitos motivos sinto devoción persoal.
E precisamente por iso pola vagaxe que teño detrás, e porque hai anos nos que simplemente crin que non valia a pena militar ou participar activamente nas organizacións da esquerda, e porque coma tantos outros e outras neste país que un día nos chamamos a nos mesmos nacionalistas e comunistas perdemos a confianza e a ilusión nas organizacións políticas e pasamos literalmente destas porque estas nos parecían lugares lúgubres e escuros onde calquer esforzo ben podería ser un total perda de tempo; e tamén e sobre todo porque na actualidade non milito activamente en nengunha organización e cando os meus libros de cabeceira agora son outros e falan de Marketing Online ( en formato iBook) e de cousas tan espartanas ou aburridas como CMS e monetización de negocios en internet … quero expresar as miñas 10 razóns completamente subxectivas e persoais para apoiar a PODEMOS, e o proceso de unidade popular ou confluencia.
Compártoas con todos e todas vós:
- 1º Razón.
Podemos puxo desde o primeiro momento a súa organización ao servizo da xente cun discurso entendible e ilusionante, de mínimos se queredes, e por riba das siglas, por riba das etiquetas ideolóxicas… - 2 Razón.
Podemos é a primeira forza politica estatal que desde 1978 defende publicamente e activamente o direito a decidir das Nacións do estado, falando constantemente de plurinacionalidade. Outros tiverono no seu “programa” pero coa boca pequena, coma por exemplo IU ou mesmo o PSOE até 1982. - 3 Razón.
Podemos creba electoralmente ao Bipartidismo estatal desde a falsa transición de 1978. - 4 Razón.
Podemos realiza unha critica radical ao sistema ofertando alternativas visualizables no medio-curto prazo para os grandes problemas sociais: pobreza, desemprego, sanidade, educación, igualdade… - 5 Razón.
Podemos ten conciencia clarísima da excepcionalidade da situación económica que atravesan as clases traballadoras e populares máis empobrecidas, e antepón a solución destes problemas a calquer “labirinto ideolóxico”. Precisamente esta conciencia da gravidade da crise económica xustica para min o apoio a unha forza estatal e o considerar que os nacionalistas galegos debemos unirmos ás esquerda rupturista polo cambio de réxime e participar na unidade popular, independentemente das siglas. - 6 Razón.
Podemos unese ás confluencias desde a Base en Catalunya, Pais Valencià, Euskadi e Galiza. - 7 Razón.
Podemos crea desde rua unha organización desde a base usando a redes sociais sen dependencia da Banca, promovendo a participación política tanto off como online. - 8 Razón.
Podemos xera ilusión e atrae xente de toda condición ao ámbito da esquerda politica que o resto das organizacións de clase xamais poderia: partidos super ideoloxizados envoltos en debates teóricos interminables, sindicatos de clase acomodados no sistema de subvencións… - 9 Razón.
Pablo Iglesias. A valía intelectual deste xoven profesor é totalmente trascendental. Paixón e intelixencia dificil de controlar. #calvivo - 10 Razón.
Ínigo Errejón, Pablo Echenique, Carolina Bescansa, Beiras outravolta e os novos irmandiños de Enmarea e tantas outras voces como Martiño Noriega que nestes últimos anos foron quen de devolverme a ilusión e a conciencia de que SI, PODEMOS, cambiar de réxime, parar a política de recortes, loitar contra o proceso de empobrecemento das clases traballadoras, deter a emigración da xuventude, a ruda necesidade urxente do povo galego…
E por suposto, a modo de epílogo, un par videos de Pablo Iglesias…