Traballar con tecnoloxías Apple

Usar a diario tecnoloxías Apple é unha auténtica gozada e ás veces incluso podes sentir orgullo polas diferenzas que marca a compañía que fixo internacional o logo da mazá.

Orgullo Apple 2015

Apple in Education  ( ESSA Academy )

Traballando…con tecnoloxías Apple (Lares, Cangas 2014)

Negocios 2.0… Lares, unha inmobiliaria moi diferente

Anúncios

Os alumnos de ACME

Desde o 2003 traballo en ACME Galicia, sendo Xefe de estudos do centro de formación especializado en tecnoloxías Apple, en Santiago de Compostela. Durante ese tempo polos  nosos cursos e Masters pasaron centos de alumnos e alumnas con diferentes perfís e inquedanzas, a meirande parte galegos, pero tamén chegaron alumnos/as de Brasil, Venezuela, Cuba, México ou Italia…

Quero pensar que a maioria quedaron satisfeitos dos nosos cursos… Se non fose así recoñezo que o nível que se nos esixe é elevado, que intentamos mellorar cada día e que nos esforzamos ao máximo.

Velaquí a proba de que moito do noso (voso) esforzo ten  recompensa, no Youtube de ACME comezamos a publicar a serie completa de entrevistas a antigos alumnos que quixeron contarnos ás suas experiencias durante os cursos e o que están a facer na actualidade. Con este post quixera tamén deixar constancia do meu agradecemento a todos os alumnos/as de ACME asemade como a todos os nosos profesores e creativos.

Obrigado Steve

A semana pasada faleceu Steve Jobs. Unha das persoas que nas últimas décadas estivo na avangarga da tecnoloxia aplicada, gurú, mago, self-made-man, executivo despiadado que chegará a dividir Apple en dous grupos de traballo en competición ou guerra interna da que sairia en 1984 o primeiro MACINTOSH

Steve idolatrado polos consumidores do iPhone, Mac ou iPad e odiado polos seus competidores finou dunha durísima enfermidade.

Steve formava parte do mellor dese controvertido país quen de producir verdadeiras obras de arte tecnolóxicas que son instrumentos para o desenvolvimento cultural e o medre económico e ao mesmo tempo converter-se no meirande enxendro imperialista quen de desencadear guerras coma Vietnam ou Iraque e escravizar ao terceiro mundo con políticas desquiciantes. Unha das suas frases célebres que estes dias encheron coma TT o Twitter pode resumir a sua personalidade “é mellor ser pirata que se alistar na Marina dos Estados Unidos”. 

Steve mellorou sempre todo aquilo que tocava...Next, Pixar ademais de Apple foron as suas contribucións á iniciativa tecnolóxica.

Poucas cousas poderia dicer eu á marea de mensaxes e obituários que encheron a rede nesta semana… só que desde a experiéncia enriquecedora de promover as tecnoloxias Apple desde hai máis de 8 anos, e a perspectiva de quen defenderia o GNU e o Software libre baixo licencia publica xeral desde un ponto de vista ideolóxico, vistas declaracións coma as de Richard Stallman, non podo máis que manifestar a miña tristura polo pasamento dunha persoa tan brillante coma controvertida. Sobretodo cando un ten o convencemento que a maioria das directivas das grandes empresas tecnolóxicas multinacionais son aves de rapiña que non saberan que facer cando xa non haxa cadavres. A non ser devorar-se a si mesmas.

O mundo perdeu un ser humano excepcional. O seu legado non son os iPhones, nen os iPad, senón o seu espírito de traballo e inovación constante contra vento e marea.

Steve Jobs cun Macintosh nos anos oitenta

Steve Jobs nos anos oitenta cun Macintosh.