España cariño, o noso non funciona

Que non funciona está claro, que votar é democracia tamén. #9N #votarédemocracia

Anúncios

Os alumnos de ACME

Desde o 2003 traballo en ACME Galicia, sendo Xefe de estudos do centro de formación especializado en tecnoloxías Apple, en Santiago de Compostela. Durante ese tempo polos  nosos cursos e Masters pasaron centos de alumnos e alumnas con diferentes perfís e inquedanzas, a meirande parte galegos, pero tamén chegaron alumnos/as de Brasil, Venezuela, Cuba, México ou Italia…

Quero pensar que a maioria quedaron satisfeitos dos nosos cursos… Se non fose así recoñezo que o nível que se nos esixe é elevado, que intentamos mellorar cada día e que nos esforzamos ao máximo.

Velaquí a proba de que moito do noso (voso) esforzo ten  recompensa, no Youtube de ACME comezamos a publicar a serie completa de entrevistas a antigos alumnos que quixeron contarnos ás suas experiencias durante os cursos e o que están a facer na actualidade. Con este post quixera tamén deixar constancia do meu agradecemento a todos os alumnos/as de ACME asemade como a todos os nosos profesores e creativos.

Dias de marabillas

Hai xa moitos anos descobrin a música con maiúsculas grazas a Ramón Trecet e o seu programa DIALOGOS 3 en Radio 3.

Lémbrome daquel despertar musical e do inicio dos programas con fermosísimas cancións africanas con voces descoñecidas  unidas nun berro de liberdade cando ainda Nelson Mandela sobrevivia nunha prisión… ademais dos monográficos de música africana, dos balcáns ou irlandesa, ese tipo que tamén retransmitía os partidos da NBA falaba de Wim Mertens ….

Hoxe Luisa que leva 7 anos casada comigo e os 2 últimos tocando o piano descubriu marabillada esta fermosura, hai dias para aledarse de viver…

Galeguia, o novo nome da Lusofonia.

Filológos, literatos, artistas e xente de ben da CPLP ( Comunidade de Paises de Língua Portuguesa) veñen de facer a proposta de renomear a LUSOFONIA chamándolle GALEGUIA. Para quen non o saiba a similitude do idioma falado en Angola ou Brasil co galego é enorme, só tedes que visionar estes videos para comprobar que o galego é falado con variacións en América, África, Oceania e Europa…

Eu non son perfeito, ( Puto Português )

Meu Tudo. ( Bruna Tatiana )

2010_9_1_3186Links: Comunidade de Países inclue a Bandeira Galega no seu logo