10 Razóns dun nacionalista galego para apoiar a Podemos #EnMarea

Breve exposición de motivos.

Desde hai tempo e coincidindo co nacemento de Podemos  e AGE en Galiza, desde sectores do “nacionalismo galego”  vexo en diferentes medios de comunicación e rrss criticas viscerais a forza política dirixida por Pablo Iglesias, e mesmamente o proceso de confluencia ( ENMAREA) chegando a ler non comentarios en redes sociais alcumando mesmo a Beiras e Ferrín de “españolistas”. 

 

Desde que teño uso de razón politica, isto é desde a adolescencia na que lin primeiro o Sempre en Galiza (octavo de EXB) e mais tarde (1º de BUP) un par de tomos dunha selección de textos de Marx e Engels, ademais nas revistas prosoviéticas Sputnik, polo que intelectualmente formeime no marxismo-leninismo teórico mesmamente antes de militar en nengunha organización.  Así que …

  •  Eu fun deses que na cidade da Coruña pacovazquiana cambiei o idioma español no que escolarizaron pola praxe monolingue total nun instituto público, AGRA II, á idade de 15 anos e acto seguido milito na Galiza Nova, BNG e posteriormente na UPG.  Era o 1989.
  • Eu tamén fun deses que tiven por etiqueta o ser nacionalista radical beirista leninista apaixoado e dogmático militante da UMG, UPG, Galiza Nova, CAE, Asemblea Anti-mili … Era o ano 1993. E despois dese ano terminei tan queimado do ambiente politico santiagués que somente participei activamente nunha escisión dos CAF (maioritaria en compostela) e mais logo na fundación do  Movemento Estudantil Universitario. Era o 1995. E neses anos loitamos contra a instrumentalización dos movementos sociais por parte dos partidos.
  • Eu tamén fun deses ex-militantes nacionalista de esquerda, queimados, sen partido, que ollaba na distancia as diferentes purgas, excisións, enfrentamentos e nunha palabra AFASTAMENTO das organizacións de esquerda da sua  base social. A maior parte dese tempo fun votante e simpatizante do BNG, até a saída de Beiras, polo que por moitos motivos sinto devoción persoal.

E precisamente por iso pola vagaxe que teño detrás, e porque hai anos nos que simplemente crin que non valia a pena militar ou participar activamente nas organizacións da esquerda, e porque coma tantos outros e outras neste país que un día nos chamamos a nos mesmos nacionalistas e comunistas perdemos a confianza e a ilusión nas organizacións políticas e pasamos literalmente destas porque estas nos parecían lugares lúgubres e escuros onde calquer esforzo ben podería ser un total perda de tempo; e tamén e sobre todo porque na actualidade non milito activamente en nengunha organización e cando os meus libros de cabeceira agora son outros  e falan de Marketing Online ( en formato iBook)  e de cousas tan espartanas ou aburridas como CMS e monetización de negocios en internet …  quero expresar as miñas 10 razóns completamente subxectivas e persoais para apoiar a PODEMOS, e o proceso de unidade popular ou confluencia. 

Compártoas con todos e todas vós:

  • 1º  Razón.
    Podemos puxo desde o primeiro momento a súa organización ao servizo da xente cun discurso entendible e ilusionante, de mínimos se queredes, e por riba das siglas, por riba das etiquetas ideolóxicas…
  • 2 Razón.
    Podemos é a primeira forza politica estatal que desde 1978 defende publicamente e activamente o direito a decidir das Nacións do estado, falando constantemente de plurinacionalidade. Outros tiverono no seu “programa” pero coa boca pequena, coma por exemplo IU ou mesmo o PSOE até 1982.
  • 3 Razón.
    Podemos creba electoralmente ao Bipartidismo estatal desde a falsa  transición de 1978.
  • 4 Razón.
    Podemos realiza unha critica radical ao sistema ofertando alternativas visualizables no medio-curto prazo para os grandes problemas sociais: pobreza, desemprego, sanidade, educación, igualdade…
  • 5 Razón.
    Podemos ten conciencia clarísima da excepcionalidade da situación económica que atravesan as clases traballadoras e populares máis empobrecidas, e antepón a solución destes problemas a calquer “labirinto ideolóxico”. Precisamente esta conciencia da gravidade da crise económica xustica para min o apoio a unha forza estatal e o considerar que os nacionalistas galegos debemos unirmos ás esquerda rupturista polo cambio de réxime e participar na unidade popular, independentemente das siglas.
  • 6 Razón.
    Podemos unese ás confluencias desde a Base en Catalunya, Pais Valencià, Euskadi e Galiza.
  • 7 Razón.
    Podemos crea desde rua unha organización desde a base usando a redes sociais sen dependencia da Banca, promovendo a participación política tanto off como online.
  • 8 Razón.
    Podemos xera ilusión e atrae xente de toda condición ao ámbito da esquerda politica que o resto das organizacións de clase xamais poderia: partidos super ideoloxizados envoltos en debates teóricos  interminables, sindicatos de clase acomodados no sistema de subvencións…
  • 9 Razón.
    Pablo Iglesias. A valía intelectual deste xoven profesor é totalmente trascendental. Paixón e intelixencia dificil de controlar. #calvivo
  • 10 Razón.
    Ínigo Errejón, 
    Pablo Echenique, Carolina Bescansa,  Beiras outravolta e os novos irmandiños de Enmarea e tantas outras voces como Martiño Noriega que nestes últimos anos foron quen de devolverme a ilusión e a conciencia de que SI, PODEMOS, cambiar de réxime, parar a política de recortes, loitar contra o proceso de empobrecemento das clases traballadoras, deter a emigración da xuventude, a ruda necesidade urxente do povo galego…

E por suposto, a modo de epílogo, un par videos de Pablo Iglesias…

Anúncios

Deixe um comentário

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s