Anna Vissi, en grego Άννα Βίσση, (Larnaca, 20 de Dezembro de 1957) é unha cantante polífacetica e camaleónica que comezou coa Canción Tradicional grega pasando polo Rock, Pop e Disco-Dance. Participou en Eurovisión representando a Grécia en diversas ocasións e conta con Fans en todo o mundo. Recoñezo-me un deles. Continuar lendo
Arquivo mensal: julho 2011
As webs da TVG
Esta Semana a CRTVG inagurou a “bombo e plantillo” o seu novo site corporativo www.crtvg.es que mellora notabelmente o anterior cun deseño minimalista e usabel.
Mais segue a manter agalega.info como Portal onde se poden ver todos os videos dos Telexornais e outros programas pero obtando neste caso por colgar directamente TODOS os videos nun só formato wmv de Windows. Nen sequera se toman a molestia de informar sobre a tecnoloxia usada nen de facilitar a descarga dos Codecs de Video para Mac ou outras plataformas, polo que en moitos dispositivos e ordenadores non podemos ver os Telexornais via web…
Tampouco perdemos moito ou ?
Se che disgusta algo deste Blog
Se es unha persoa sensíbel e che disgusta algunha opinión deste meu Blog ou algunha cita ou link, reflexiona e toma a vida con máis humor de forma menos séria:
Un video para que calmes os ánimos e non me denuncies polo sabor das empanadillas.
Por suposto se segues opinando o mesmo despois de ver o vídeo sempre podes pechar esta páxina. Existen outros Billóns de Páxinas web onde investir o teu tempo.